«Faro da Escola» VI Edición

Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.

Día mundial do ADN

Dende o ano 2003, o 25 de abril celébrase en todo o mundo o día do ADN en conmemoración ao descubrimento da súa estrutura tridimensional a cal sentou as bases para comprender como se replica e se transmite o material xenético a través das distintas xeracións de seres vivos. Ademais do anterior, nesta data tamén se festexa a culminación do Proxecto Xenoma Humano en abril de 2003, o cal permitiu secuenciar os miles de xenes que compoñen o xenoma humano.

Para coñecer un pouco máis sobre o por que deste día vexamos un pouco de historia da ciencia…

En 1953, o biólogo estadounidense James Dewey Watson e o físico británico Francis Harry Compton Crick, coñecidos na historia da ciencia como Watson e Crick, baseándose nos estudos previos do biofísico Maurice Wilkins e da cristalógrafa Rosalind Franklin, publicaron na revista Nature o artigo: Molecular Structure of Nucleic Acids: A Structure for Deoxyribose Nucleic Acid no que explicaban o modelo de dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), e polo que recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.

O que nos fixemos…

Os alumnos e alumnas de bioloxía de 1º e 3º da ESO elaboraron o seu propio experimento para coñecer de primeira man que é isto do ADN. Para elo, realizaron unha extracción do ADN de células vexetais empregando amorodos e plátanos. Vexamos que tal lles foi!

Aquí tedes máis información sobre o experimento:

Ferrol e as fragas do Eume

GALERÍA DE FOTOS

A saída comezou en Ferrol onde, visitando os barrios da Magdalena e Ferrol Vello, poidemos contemplar e aprender como se incorporou o mundo naval na arquitectura. Por exemplo, os balcóns brancos típicos son unha copia dos castelos de popa dos barcos de guerra do século XVIII. Y sobre todo, a arte modernista do arquitecto vigués Rodolfo Ucha.

San Felipe

Visita pola Ría, analizando no estreitamento da súa entrada as fortalezas coas súas baterías e medidas disuasiorias para evitar os ataques preferentemente dos ingleses.

Fragata Blas de Lezo F-100 con tecnoloxía punta. Das máis modernas do mundo.

No Albergue Alvarella, antes de comer tivemos unha visita ás instalacións, vendo todos os detalles do que é a arquitectura de bioconstrucción aproveitando a orientación do sol, a iluminación segundo as estacións, a protección do vento, utilización de materiais naturais e biodegradables da contorna, aproveitamento do compost, iluminación fotovoltaica, evitar malgastar enerxía e auga… unha pasada! que complementamos cunha proxección de imaxes.

Fraga do Eume

Logo, saída a camiñar analizando puntos de interés ecolóxico nas Fragas do Eume. O problema da invasión do eucalipto nuns dos pouquísimos bosques atlánticos autóctonos que quedan en Europa occidental.

Mosteiro de Caaveiro

Visita e explicación histórica do Mosteiro de Caaveiro e continuación da ruta polos bosques ata o final.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Faro da Escola – edición 20-21

As alumnas e alumnos de 3º, 4º ,5º, 6º de Primaria e 3º e 4º da ESO do noso Centro participaron o día 18 de febreiro xunto con outros 59 colexios na charla ofrecida polo Faro da Escola para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso, Faro de Vigo ofertou a todos estes centros unha charla con dúas científicas que exercen o seu oficio na actualidade: Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIMM) e do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

Seguiron con atención as explicacións das cintíficas que, ademáis de contarlles as súas experiencias, trataron o tema da desigualdade entre homes e mulleres que ainda perdura no ámbito científico. Tamén  deron respostas a todas as preguntas que lles fixeron.

Deixámosvos o enlace á reportaxe do Faro de Vigo para ampliar a información sobre esta actividade e ver as fotos.

VISITA VIRTUAL

Acompáñanos a visitar o colexio, pasaremos polas aulas de infantil, primaria e secundaria. Non so poderedes ver as aulas e as instalacións coas que conta o colexio, tamén un pouquiño do día a día.

Visita a nosa páxina web coñecer máis.