As nenas e nenos de infantil festexaron este día no colexio coas súas familias tiveron un castañeiro para as castañas e xogos nos que poideron participar pequenos e maiores.
As rapazas e rapaces de secundaria e primaria poideron gozar dunha mañá ao aire libre parque forestal Bandeira poideron pasear, xogar e, por suposto, comer castañas asadas.
Polo Samaín decoramos o colexio con cabazas, bruxas, arañas, esqueletos…, as portas, as paredes… Tamén celebramos o concurso de cabazas. Se queres ver fotos e saber máis visita o blog de DINAMIZACIÓN.
As plantas terrestres ou embriófitas son un clado (grupo monofilético) formado polos descendentes dalgunhas algas verdes e que se caracterizan por ter unha serie de adaptacións idóneas para a vida fóra da auga e que lles serviron para colonizar todos os continentes.
Este clado comprende diferentes grupos de plantas como son as briófitas, as pteridófitas, as ximnospermas e as anxiospermas.
Cóntanos un pouco máis disto Nicolás Rodríguez, alumno de 1º ESO.
Para coñecer un pouco máis sobre este clado de plantas os alumnos de 1º ESO, Izan González, Iago Costas e Pablo Estévez, fixeron un pequeno documental onde nos explican as principais características de cada grupo e nos mostran exemplos das especies representativas da nosa contorna. Vexamos que tal lles foi!
O pasado xoves foi un día moi especial para todos nós pois celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO en compañía da súa familia máis achegada.
Para ver a galería preme na foto.
Un grande orgullo para todos nós acompañarvos durante estes anos. Unha parte do traxecto finaliza pero aquí estaremos sempre que nos necesitedes.
Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.
Dende o ano 2003, o 25 de abril celébrase en todo o mundo o día do ADN en conmemoración ao descubrimento da súa estrutura tridimensional a cal sentou as bases para comprender como se replica e se transmite o material xenético a través das distintas xeracións de seres vivos. Ademais do anterior, nesta data tamén se festexa a culminación do Proxecto Xenoma Humano en abril de 2003, o cal permitiu secuenciar os miles de xenes que compoñen o xenoma humano.
Para coñecer un pouco máis sobre o por que deste día vexamos un pouco de historia da ciencia…
En 1953, o biólogo estadounidense James Dewey Watson e o físico británico Francis Harry Compton Crick, coñecidos na historia da ciencia como Watson e Crick, baseándose nos estudos previos do biofísico Maurice Wilkins e da cristalógrafa Rosalind Franklin, publicaron na revista Nature o artigo: Molecular Structure of Nucleic Acids: A Structure for Deoxyribose Nucleic Acid no que explicaban o modelo de dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), e polo que recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.
O que nos fixemos…
Os alumnos e alumnas de bioloxía de 1º e 3º da ESO elaboraron o seu propio experimento para coñecer de primeira man que é isto do ADN. Para elo, realizaron unha extracción do ADN de células vexetais empregando amorodos e plátanos. Vexamos que tal lles foi!
A saída comezou en Ferrol onde, visitando os barrios da Magdalena e Ferrol Vello, poidemos contemplar e aprender como se incorporou o mundo naval na arquitectura. Por exemplo, os balcóns brancos típicos son unha copia dos castelos de popa dos barcos de guerra do século XVIII. Y sobre todo, a arte modernista do arquitecto vigués Rodolfo Ucha.
San Felipe
Visita pola Ría, analizando no estreitamento da súa entrada as fortalezas coas súas baterías e medidas disuasiorias para evitar os ataques preferentemente dos ingleses.
Fragata Blas de Lezo F-100 con tecnoloxía punta. Das máis modernas do mundo.
No Albergue Alvarella, antes de comer tivemos unha visita ás instalacións, vendo todos os detalles do que é a arquitectura de bioconstrucción aproveitando a orientación do sol, a iluminación segundo as estacións, a protección do vento, utilización de materiais naturais e biodegradables da contorna, aproveitamento do compost, iluminación fotovoltaica, evitar malgastar enerxía e auga… unha pasada! que complementamos cunha proxección de imaxes.
Fraga do Eume
Logo, saída a camiñar analizando puntos de interés ecolóxico nas Fragas do Eume. O problema da invasión do eucalipto nuns dos pouquísimos bosques atlánticos autóctonos que quedan en Europa occidental.
Mosteiro de Caaveiro
Visita e explicación histórica do Mosteiro de Caaveiro e continuación da ruta polos bosques ata o final.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.