En Infantil pretendemos que os nenos/as sexan felices, que se adapten ao colexio sen traumas. O colexio convértese no seu segundo fogar e nun lugar de convivencia e socialización. Un lugar onde o neno é valorado por si mesmo, con cariño e comprensión, ademais de acadar coñecementos propios da súa idade.
En Primaria, tamén pretendemos que o alumno adquira coñecementos de forma paulatina. Valoramos a orde e a disciplina, así como o respecto mutuo e o traballo diario.
En Secundaria, ademáis, buscamos formar mozos e mozas competentes, respectuosos pero ao mesmo fomentamos o espíritu crítico.