Máis sobre o O Magosto deste ano no colexio no blog de Dinamización
Erasmus Day in Bouza Brey
Eventos final de curso
Tarde de concerto solidario
O pasado venres 5 de maio alumnas/os de secundaria gozaron da música clásica no Teatro Afundación Vigo. Esta saída foi organizada dende a aula de música do noso colexio. O concerto foi a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa “QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA” que pretende achegar á xente nova á música clásica. Os asistentes ao concerto intercambiaron cultura por alimentos en favor do Banco de Alimentos da cidade de Vigo.




CinVigo
As alumnas Alexandra (4ºESO) e Laura (3ªESO) van participar no festival científico CinVigo! O sábado 22 e domingo 23 coa súa candidatura sobre a contaminación das augas subterráneas. Non perdades a ocasión de acudir e participar nas actividades organizadas.
Desde o centro de investigación CINBIO queren levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un grande evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.
Entroido
Este ano volveu o entroido ao colexio con toda a diversión de anos anteriores. Podedes ver as fotos premendo nos enlaces.
Hai cambios no acceso ás fotos. Para acceder ás GALERÍAS DE FOTOS tedes que empregar a conta de correo do colexio, a mesma que usades para Classroom.
Día de Rosalía
Entra no blog de DINAMIZACIÓN para saber máis sobre a celebración do Día de Rosalía no colexio.
Museo de Pontevedra
Erasmus +
Un grupo de profesores do colexio está a colaborar nun Proxecto Erasmus + a nivel europeo
coordinado pola universidade italiana PEGASO ONLINE UNIVERSITY e na que participarán distintos
centros de estudos de Grecia, Bulgaria, Turquía e Italia. A coordinadora do proxecto creará unha
plataforma onde os estudantes e os profesores dos colexios asociados poidan intercambiar información
sobre os libros dos seus respectivos países escribindo fichas bibliográficas de autores, sinopses de libros,
reseñas e a creación de historias a través do formato “Creative Writing Relay”
O proxecto Erasmus + é un programa da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o
deporte. O proxecto no que o colexio Bouza Brey está a participar trata de literatura e do mundo dos libros.
Daremos a coñecer aos nosos colaboradores a literatura e aqueles libros e autores relacionados coa cidade
de Vigo. Pensamos que é un xeito de levar a nosa cidade a outros lugares e países e dar a coñecer tamén aos
nosos escritores galegos.
O obxectivo do BOOKMED – A BRIDGE OF BOOKS IN THE MEDITERRANEAN é difundir o coñecemento de autores contemporáneos ou clásicos coñecidos nos seus países pero ás veces descoñecidos no resto de Europa. O programa terá unha duración de tres anos e realizarase a mobilidade do alumnado e profesores en distintas datas cun minicruceiro literario que sairá de Civitavecchia e chegará a Barcelona. Trátase dun festival de literatura no mar para estudantes e profesores con encontros literarios, obradoiros de escritura, fotografía, representación teatrais, xogos… Estas xuntanzas coincidirán co Dia do Libro, 23 de abril.
No ano 2023 participarán dous profesores de cada centro asociado e nas edicións do 2024 e 2025 tamén participará o alumnado. Ao mesmo tempo celebraranse 5 reunións transnacionais en todos os países colaboradores e 2 actos de difusión en Turquía e Italia a metade e ao remate do programa No mes de febreiro deste mesmo ano comezaremos esta aventura aquí en Vigo, pois somos o 1º centro de destino de todas as persoas colaboradoras neste proxecto ERASMUS + PARA A EDUCACIÓN ESCOLAR KA220-SCH- Cooperation partnerships in school education. Realizaremos aquí a primeira xuntanza presencial do grupo os días 2 e 3 de febreiro.
Campaña Pilabot
A Xunta de Galicia, en colaboración con ECOPILAS, ERP e ECOLEC, promoven a cuarta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.


Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación das pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores… Pilabot ten que cumplir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.



Tamén podes participar no concurso de carteis. Preme na imaxe para saber máis sobre toda a campaña.
#eusonpilabot