O pasado xoves foi un día moi especial para todos nós pois celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO en compañía da súa familia máis achegada.
Para ver a galería preme na foto.

O pasado xoves foi un día moi especial para todos nós pois celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO en compañía da súa familia máis achegada.
Para ver a galería preme na foto.
As rapazas e rapaces de 4º de ESO gozaron dun día de diversión, de mañá na praia e de tarde nas tirolinas.
Visita o blog de DINAMIZACIÓN para saber máis e ver o vídeo completo.
Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.
Dende o ano 2003, o 25 de abril celébrase en todo o mundo o día do ADN en conmemoración ao descubrimento da súa estrutura tridimensional a cal sentou as bases para comprender como se replica e se transmite o material xenético a través das distintas xeracións de seres vivos. Ademais do anterior, nesta data tamén se festexa a culminación do Proxecto Xenoma Humano en abril de 2003, o cal permitiu secuenciar os miles de xenes que compoñen o xenoma humano.
Para coñecer un pouco máis sobre o por que deste día vexamos un pouco de historia da ciencia…
En 1953, o biólogo estadounidense James Dewey Watson e o físico británico Francis Harry Compton Crick, coñecidos na historia da ciencia como Watson e Crick, baseándose nos estudos previos do biofísico Maurice Wilkins e da cristalógrafa Rosalind Franklin, publicaron na revista Nature o artigo: Molecular Structure of Nucleic Acids: A Structure for Deoxyribose Nucleic Acid no que explicaban o modelo de dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), e polo que recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.
O que nos fixemos…
Os alumnos e alumnas de bioloxía de 1º e 3º da ESO elaboraron o seu propio experimento para coñecer de primeira man que é isto do ADN. Para elo, realizaron unha extracción do ADN de células vexetais empregando amorodos e plátanos. Vexamos que tal lles foi!
Aquí tedes máis información sobre o experimento: