As Embryophytas

As plantas terrestres ou embriófitas son un clado (grupo monofilético) formado polos descendentes dalgunhas algas verdes e que se caracterizan por ter unha serie de adaptacións idóneas para a vida fóra da auga e que lles serviron para colonizar todos os continentes.

Este clado comprende diferentes grupos de plantas como son as briófitas, as pteridófitas, as ximnospermas e as anxiospermas.

Cóntanos un pouco máis disto Nicolás Rodríguez, alumno de 1º ESO.

Para coñecer un pouco máis sobre este clado de plantas os alumnos de 1º ESO, Izan González, Iago Costas e Pablo Estévez, fixeron un pequeno documental onde nos explican as principais características de cada grupo e nos mostran exemplos das especies representativas da nosa contorna. Vexamos que tal lles foi!

Graduación ESO 2008-21

O pasado xoves foi un día moi especial para todos nós pois celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO en compañía da súa familia máis achegada.

Para ver a galería preme na foto.

Un grande orgullo para todos nós acompañarvos durante estes anos. Unha parte do traxecto finaliza pero aquí estaremos sempre que nos necesitedes.

Graduación de Infantil 2018-21

Non hai pandemia que nos quite as ganas de celebrar que imos para Primaria e, como este ano non podedes acompañarnos neste día tan especial, queremos facervos chegar así algúns dos mellores momentos desta celebración.

«Faro da Escola» VI Edición

Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.

Día mundial do ADN

Dende o ano 2003, o 25 de abril celébrase en todo o mundo o día do ADN en conmemoración ao descubrimento da súa estrutura tridimensional a cal sentou as bases para comprender como se replica e se transmite o material xenético a través das distintas xeracións de seres vivos. Ademais do anterior, nesta data tamén se festexa a culminación do Proxecto Xenoma Humano en abril de 2003, o cal permitiu secuenciar os miles de xenes que compoñen o xenoma humano.

Para coñecer un pouco máis sobre o por que deste día vexamos un pouco de historia da ciencia…

En 1953, o biólogo estadounidense James Dewey Watson e o físico británico Francis Harry Compton Crick, coñecidos na historia da ciencia como Watson e Crick, baseándose nos estudos previos do biofísico Maurice Wilkins e da cristalógrafa Rosalind Franklin, publicaron na revista Nature o artigo: Molecular Structure of Nucleic Acids: A Structure for Deoxyribose Nucleic Acid no que explicaban o modelo de dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), e polo que recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.

O que nos fixemos…

Os alumnos e alumnas de bioloxía de 1º e 3º da ESO elaboraron o seu propio experimento para coñecer de primeira man que é isto do ADN. Para elo, realizaron unha extracción do ADN de células vexetais empregando amorodos e plátanos. Vexamos que tal lles foi!

Aquí tedes máis información sobre o experimento:

Campamento de Verán

Xa estamos a organizar o Campamento de Verán conxuntamente con Koremi.

Unha morea de actividades temáticas ao aire libre para pasar os días de lecer. Está dirixido as nenas e nenos tanto do colexio coma de fóra.

Grande flexibilidade de datas podendo participar por mes, semanas e días. Toda a información e inscripcións: 605788071 – 678415501 – 685203756 – koremi@koremi.es

INSCRIPCIÓN

PROTOCOLO COVID