Ferrol e as fragas do Eume

GALERÍA DE FOTOS

A saída comezou en Ferrol onde, visitando os barrios da Magdalena e Ferrol Vello, poidemos contemplar e aprender como se incorporou o mundo naval na arquitectura. Por exemplo, os balcóns brancos típicos son unha copia dos castelos de popa dos barcos de guerra do século XVIII. Y sobre todo, a arte modernista do arquitecto vigués Rodolfo Ucha.

San Felipe

Visita pola Ría, analizando no estreitamento da súa entrada as fortalezas coas súas baterías e medidas disuasiorias para evitar os ataques preferentemente dos ingleses.

Fragata Blas de Lezo F-100 con tecnoloxía punta. Das máis modernas do mundo.

No Albergue Alvarella, antes de comer tivemos unha visita ás instalacións, vendo todos os detalles do que é a arquitectura de bioconstrucción aproveitando a orientación do sol, a iluminación segundo as estacións, a protección do vento, utilización de materiais naturais e biodegradables da contorna, aproveitamento do compost, iluminación fotovoltaica, evitar malgastar enerxía e auga… unha pasada! que complementamos cunha proxección de imaxes.

Fraga do Eume

Logo, saída a camiñar analizando puntos de interés ecolóxico nas Fragas do Eume. O problema da invasión do eucalipto nuns dos pouquísimos bosques atlánticos autóctonos que quedan en Europa occidental.

Mosteiro de Caaveiro

Visita e explicación histórica do Mosteiro de Caaveiro e continuación da ruta polos bosques ata o final.

Xela Arias

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias, poetisa, tradutora, profesora e editora.

Día Internacional das Familias

As persoas de cada familia están unidas por un fío conectado ao corazón que os fai quererse e axudarse.

Feliz día a todas as familias que forman parte do noso colexio.!

EDUCACIÓN INFANTIL
1º PRIMARIA
2º PRIMARIA

Como nacen os pitiños?

En segundo de primaria fixeron un experimento… queredes saber máis? poñede atención ao vídeo.

Proximamente, na edición do Faro da Escola deste curso, poderedes saber como foi o resultado relatado con todo detalle.

Educación viaria

Os rapaces  de 5ºe 6º de Primaria recibiron a visita da policía local o pasado mércores día 7 de abril que, como todos os anos, trataron o tema da educación viaria que é tan importante nestas idades nas xa que comezan a andar solos pola rúa. Aprenderon por exemplo a fixarse a hora de cruzar as rúas ou como utilizar con precaución a bici…

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Faro da Escola – edición 20-21

As alumnas e alumnos de 3º, 4º ,5º, 6º de Primaria e 3º e 4º da ESO do noso Centro participaron o día 18 de febreiro xunto con outros 59 colexios na charla ofrecida polo Faro da Escola para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso, Faro de Vigo ofertou a todos estes centros unha charla con dúas científicas que exercen o seu oficio na actualidade: Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIMM) e do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

Seguiron con atención as explicacións das cintíficas que, ademáis de contarlles as súas experiencias, trataron o tema da desigualdade entre homes e mulleres que ainda perdura no ámbito científico. Tamén  deron respostas a todas as preguntas que lles fixeron.

Deixámosvos o enlace á reportaxe do Faro de Vigo para ampliar a información sobre esta actividade e ver as fotos.

O ENTROIDO

Que é o entroido? as rapazas e rapaces do colexio fixéronse esta mesma pregunta e moitas outras e, entre todos, atoparon as respostas. Convidámosvos a pasar polo Blog de Dinamización para saber máis.