FESTA DE NADAL

Queremos compartir con vós algúns momentos da festa de Nadal do colexio, aínda que non foi coma sempre e nas fotos tampouco estamos todos, conseguimos que fose unha xornada especial.

Recibimos a vista das SSMM os Reis Magos que foron polas aulas para saudar e incluso recibiron algunha carta de última hora. A guinda da festa púxoa Carlos, o profesor de música, que xunto coas rapazas de 3º e 4º de ESO compartiron con todos unha sesión de música escollida por eles para amenizar a xornada.

Agora deixámosvos unha pequena mostra de fotos da visita dos reis. Non perdades tampouco os videos de felicitación protagonizadas polas nenas e nenos de 2º e 3º de primaria.

GALERIA DE FOTOS E VÍDEOS

Bo Nadal e mellor Aninovo!

NAS ILLAS ATLÁNTICAS (Novembro-20)

Os rapaces e rapazas de primaria do noso colexio recibimos nestes días a visita das monitoras do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

As monitoras explicáronnos a fauna, as paisaxes e tódolos ecosistemas que hai nas illas.

Como este ano temos que tomar moitas precaucións debido á Covid, as actividades foron diferentes ás que faciamos outros anos, pois non podemos traballar en grupos nin tocarnos, pero aínda así foi divertido.

Algunhas das actividades desenvolvidas foron as seguintes: aprender o significado de Parque Nacional, xogar con tarxetas de animais e plantas que debiamos asociar aos diferentes ecosistemas que hai nas illas, ver un vídeo dos fondos mariños, traballar con carteis e pegatinas informativas, ver restos de ourizos, plumas de aves e ata unha camisa dunha serpe, aprendendo así os rastros que deixan os seres vivos que habitan alí.

Pasamos un bo rato viaxando mentalmente ao noso Parque Nacional, e para rematar, agasalláronnos a todos cun marcapáxinas e unha postal.

Que bonitas son as nosas illas e canta vida hai nelas que debemos protexer!

SEMANA DAS CIENCIAS (Novembro-20)

No mes de novembro sempre celebramos na escola a Semana das Ciencias. Este curso, debido á situación especial que vivimos, propuxémosvos un concurso para participar en familia dende casa: «SUXÍREME UN EXPERIMENTO CASEIRO». Recibimos moitos vídeos moi interesantes, dos cales eliximos os mellores de cada clase e deixámosvolos neste enlace para que poidades comprobar cantos futuros científicos se agochan nas nosas aulas.

ÁLBUM DE VÍDEOS