O pasado venres alumnos/as de secundaria gozaron da música clásica no Teatro Afundación Vigo. Esta saída foi organizada dende a aula de música do noso colexio. O concerto foi a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa “QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA” que pretende achegar á xente nova á música clásica. Os asistentes ao concerto intercambiaron cultura por alimentos en favor do Banco de Alimentos da cidade de Vigo.
25 de novembro. Actividades programadas

Visita o Blog de ORIENTACIÓN para coñecer as actividades que se están preparando desde o Departamento para as alumnas e alumnos de ESO polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.