Xa podes ver as actuacións da festa do colexio. Preme no botón.
Campamento de Verán
Todo o que precisas saber sobre as datas, as actividades, os horarios, os prezos, a inscrición… premendo no botón ou no apartado CAMPAMENTO DE VERÁN da páxina do colexio.
Día de Rosalía
Convidámosvos a visitar o blog de DINAMIZACION no que podedes atopar reunidas nun solo lugar todas as actividades que se fixeron no colexio para conmemorar este día.
Día de Rosalía 2022
FELICES FESTAS
O magosto
Este curso poidemos celebrar novamente o magosto.
As nenas e nenos de infantil festexaron este día no colexio coas súas familias tiveron un castañeiro para as castañas e xogos nos que poideron participar pequenos e maiores.
As rapazas e rapaces de secundaria e primaria poideron gozar dunha mañá ao aire libre parque forestal Bandeira poideron pasear, xogar e, por suposto, comer castañas asadas.
Samaín
Polo Samaín decoramos o colexio con cabazas, bruxas, arañas, esqueletos…, as portas, as paredes… Tamén celebramos o concurso de cabazas. Se queres ver fotos e saber máis visita o blog de DINAMIZACIÓN.
Graduación de 6º de Primaria 2021
«Faro da Escola» VI Edición
Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.

Campamento de Verán
Xa estamos a organizar o Campamento de Verán conxuntamente con Koremi.
Unha morea de actividades temáticas ao aire libre para pasar os días de lecer. Está dirixido as nenas e nenos tanto do colexio coma de fóra.
Grande flexibilidade de datas podendo participar por mes, semanas e días. Toda a información e inscripcións: 605788071 – 678415501 – 685203756 – koremi@koremi.es