Investigadores Sociais

A clase de 6º de primaria foi seleccionada, xunto con outros nove centros de Galicia, para participar nun proxecto pioneiro a nivel autonómico promovido pola Fundación Barrié e a Asociación en Educación Social (APES) que teñen como obxectivo a prevención do vandalismo entre os máis novos.

Graduación de Primaria

As nenas e nenos de 6º de primaria despídense desta etapa coa representación para as familias da obra teatral «Un día en el museo» seguida dun emotivo acto no que se lles fixo entrega dun diploma.

Pablo – kung fu

3º clasificado de EQUIPO “FORMAS” na categoría Prebenxamín no  Campionato galego de Kung- Fu Moderno.

Noraboa Pablo!!!

Podes ver as fotos e saber máis sobre o campionato no blog BOUZA BREY STARS.

Castelo de Soutomaior

As nenas e nenos de1º e 2º de primaria visitan o Castelo de Soutomaior na excursión de fin de curso. Unha xornada de aprendizaxe e diversión no castelo e os seus xardíns.

Padrón

As nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria foron de excursión de final de curso a Padrón. Visitaron entre outros lugares a casa museo de Rosalía de Castro.

Día de Rosalía 2022

As rapazas e rapaces de 4º de ESO prepararon un vídeo para animarte a participar neste día de Rosalía. Non deixes pasar esta oportunidade para facer a túa achega. Queres saber máis? Tes toda a información no vídeo.