As nenas e nenos de 5 anos tiveron onte, día 27, a súa festa de graduación. Con esta celebración pecharon, en compañía das súas mestras e as súas familias, unha etapa e comezaron o camiño cara a Educación Primaria.
Noraboa e a gozar do verán!!!
O 23 de xuño celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto no que se proxectou un vídeo do seu paso polo colexio e lles foron entregadas as orlas do curso e unha copia do vídeo.
Para pechar o acto adicáronnos unhas palabras as mestras, mestres e persoal do colexio, remataron a festa bailando «Mi gran noche» de Raphael e prometendo visitarnos a miúdo.
Boa sorte na nova etapa que comezades!!!
3º clasificado de EQUIPO “FORMAS” na categoría Prebenxamín no Campionato galego de Kung- Fu Moderno.
Noraboa Pablo!!!
Podes ver as fotos e saber máis sobre o campionato no blog BOUZA BREY STARS.
Finalista este ano no «9º Concurso Literario Escolar EXPEDICIONES MILITARES, CONTRIBUCIÓN AL CONOCIMIENTO»
Noraboa Ian!!!
Podes saber máis sobre o premio no blog BOUZA BREY STARS.