Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Faro da Escola – edición 20-21

As alumnas e alumnos de 3º, 4º ,5º, 6º de Primaria e 3º e 4º da ESO do noso Centro participaron o día 18 de febreiro xunto con outros 59 colexios na charla ofrecida polo Faro da Escola para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso, Faro de Vigo ofertou a todos estes centros unha charla con dúas científicas que exercen o seu oficio na actualidade: Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIMM) e do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

Seguiron con atención as explicacións das cintíficas que, ademáis de contarlles as súas experiencias, trataron o tema da desigualdade entre homes e mulleres que ainda perdura no ámbito científico. Tamén  deron respostas a todas as preguntas que lles fixeron.

Deixámosvos o enlace á reportaxe do Faro de Vigo para ampliar a información sobre esta actividade e ver as fotos.

VISITA VIRTUAL

Acompáñanos a visitar o colexio, pasaremos polas aulas de infantil, primaria e secundaria. Non so poderedes ver as aulas e as instalacións coas que conta o colexio, tamén un pouquiño do día a día.

Visita a nosa páxina web coñecer máis.

O ENTROIDO

Que é o entroido? as rapazas e rapaces do colexio fixéronse esta mesma pregunta e moitas outras e, entre todos, atoparon as respostas. Convidámosvos a pasar polo Blog de Dinamización para saber máis.

COÑÉCENOS

Chama e concerta a túa cita para ter unha entrevista personalizada e poder coñecer mellor o noso colexio.