Faro da Escola – edición 20-21

As alumnas e alumnos de 3º, 4º ,5º, 6º de Primaria e 3º e 4º da ESO do noso Centro participaron o día 18 de febreiro xunto con outros 59 colexios na charla ofrecida polo Faro da Escola para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso, Faro de Vigo ofertou a todos estes centros unha charla con dúas científicas que exercen o seu oficio na actualidade: Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIMM) e do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

Seguiron con atención as explicacións das cintíficas que, ademáis de contarlles as súas experiencias, trataron o tema da desigualdade entre homes e mulleres que ainda perdura no ámbito científico. Tamén  deron respostas a todas as preguntas que lles fixeron.

Deixámosvos o enlace á reportaxe do Faro de Vigo para ampliar a información sobre esta actividade e ver as fotos.