Investigadores Sociais

A clase de 6º de primaria foi seleccionada, xunto con outros nove centros de Galicia, para participar nun proxecto pioneiro a nivel autonómico promovido pola Fundación Barrié e a Asociación en Educación Social (APES) que teñen como obxectivo a prevención do vandalismo entre os máis novos.

Tarde de Concerto Solidario

O pasado venres alumnos/as de secundaria gozaron da música clásica no Teatro Afundación Vigo. Esta saída foi organizada dende a aula de música do noso colexio. O concerto foi a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa “QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA” que pretende achegar á xente nova á música clásica. Os asistentes ao concerto intercambiaron cultura por alimentos en favor do Banco de Alimentos da cidade de Vigo.