Entroido

Este ano volveu o entroido ao colexio con toda a diversión de anos anteriores. Podedes ver as fotos premendo nos enlaces.

Hai cambios no acceso ás fotos. Para acceder ás GALERÍAS DE FOTOS tedes que empregar a conta de correo do colexio, a mesma que usades para Classroom.

INFANTIL

PRIMARIA

SECUNDARIA

Graduación de Infantil

As nenas e nenos de 5 anos tiveron onte, día 27, a súa festa de graduación. Con esta celebración pecharon, en compañía das súas mestras e as súas familias, unha etapa e comezaron o camiño cara a Educación Primaria.

Noraboa e a gozar do verán!!!

Na granxa

As nenas e nenos de infantil estiveron unha xornada na granxa escola El Kiriko. Unha excursión que sempre vale a pena. As pequenas e pequenos gozan dun día cheo de actividades e grandes aprendizaxes.

Horta e xardín

Conseguímolo!!! Esta primavera estreamos horta na zona de infantil. As nenas e nenos gozan plantando e regando as leitugas, os tomates, os pementos… todos medran sen parar.