Día de Rosalía 2022

As rapazas e rapaces de 4º de ESO prepararon un vídeo para animarte a participar neste día de Rosalía. Non deixes pasar esta oportunidade para facer a túa achega. Queres saber máis? Tes toda a información no vídeo.

O magosto

Este curso poidemos celebrar novamente o magosto.

As nenas e nenos de infantil festexaron este día no colexio coas súas familias tiveron un castañeiro para as castañas e xogos nos que poideron participar pequenos e maiores.

ALBUM DE FOTOS DE INFANTIL

As rapazas e rapaces de secundaria e primaria poideron gozar dunha mañá ao aire libre parque forestal Bandeira poideron pasear, xogar e, por suposto, comer castañas asadas.

ALBUM DE FOTOS DE PRIMARIA E SECUNDARIA

Samaín

Polo Samaín decoramos o colexio con cabazas, bruxas, arañas, esqueletos…, as portas, as paredes… Tamén celebramos o concurso de cabazas. Se queres ver fotos e saber máis visita o blog de DINAMIZACIÓN.

Graduación de Infantil 2018-21

Non hai pandemia que nos quite as ganas de celebrar que imos para Primaria e, como este ano non podedes acompañarnos neste día tan especial, queremos facervos chegar así algúns dos mellores momentos desta celebración.

Campamento de Verán

Xa estamos a organizar o Campamento de Verán conxuntamente con Koremi.

Unha morea de actividades temáticas ao aire libre para pasar os días de lecer. Está dirixido as nenas e nenos tanto do colexio coma de fóra.

Grande flexibilidade de datas podendo participar por mes, semanas e días. Toda a información e inscripcións: 605788071 – 678415501 – 685203756 – koremi@koremi.es

INSCRIPCIÓN

PROTOCOLO COVID

Día Internacional das Familias

As persoas de cada familia están unidas por un fío conectado ao corazón que os fai quererse e axudarse.

Feliz día a todas as familias que forman parte do noso colexio.!

EDUCACIÓN INFANTIL
1º PRIMARIA
2º PRIMARIA