O 23 de xuño celebramos a graduación das alumnas e alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto no que se proxectou un vídeo do seu paso polo colexio e lles foron entregadas as orlas do curso e unha copia do vídeo.

Para pechar o acto adicáronnos unhas palabras as mestras, mestres e persoal do colexio, remataron a festa bailando «Mi gran noche» de Raphael e prometendo visitarnos a miúdo.

Boa sorte na nova etapa que comezades!!!