Máis sobre o O Magosto deste ano no colexio no blog de Dinamización
Erasmus Day in Bouza Brey
Eventos final de curso
Tarde de concerto solidario
O pasado venres 5 de maio alumnas/os de secundaria gozaron da música clásica no Teatro Afundación Vigo. Esta saída foi organizada dende a aula de música do noso colexio. O concerto foi a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa “QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA” que pretende achegar á xente nova á música clásica. Os asistentes ao concerto intercambiaron cultura por alimentos en favor do Banco de Alimentos da cidade de Vigo.




Yael Fernández – debuxo
Nova entrada no blog das estrelas do Bouza Brey, Yael de 5º amósanos os seus logros no debuxo.
Noraboa Yael!
CinVigo
As alumnas Alexandra (4ºESO) e Laura (3ªESO) van participar no festival científico CinVigo! O sábado 22 e domingo 23 coa súa candidatura sobre a contaminación das augas subterráneas. Non perdades a ocasión de acudir e participar nas actividades organizadas.
Desde o centro de investigación CINBIO queren levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un grande evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.
Campamento de Verán
Xa está na web do colexio toda a información sobre o campamento de verán na web do colexio.
Entroido
Este ano volveu o entroido ao colexio con toda a diversión de anos anteriores. Podedes ver as fotos premendo nos enlaces.
Hai cambios no acceso ás fotos. Para acceder ás GALERÍAS DE FOTOS tedes que empregar a conta de correo do colexio, a mesma que usades para Classroom.
Día de Rosalía
Entra no blog de DINAMIZACIÓN para saber máis sobre a celebración do Día de Rosalía no colexio.