O noso colexio
Somos un colexio pluralista fomentamos o espíritu crítico e a capacidade de discusión. Dado que só temos unha soa liña educativa caracterizámonos por ser un centro familiar, pois é moi doado coñecernos e traballar en conxunto.
Educación Especial
A aula está dirixida a aquelas alumnas e alumnos que presenta necesidades educativas importantes de forma temporal ou permante e, que en función da problemática específica, precisan dun ensino moi individualizado e adaptado ás súas necesidades.
O traballo desenvolvido na aula de educación especial está encamiñado a lograr o maior desenvolvemento sen deixar de lado a integración no seu grupo de referencia.
O ensino na aula parte das seguintes bases:
- O dictame de escolarización
- As Adaptacións Curriculares
- Coñecemento das nenas e nenos da aula a través da atención individualizada ou en pequeno grupo
- Uso de materiais adaptados ás necesidades
- Coordinación cos mestres da aula de referencia
- Contacto directo coas familias
- Atención e coordinación cos profesionais externos ao colexio.
Departamento de orientación
Apoia a labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar unha formación integral.
Facilita la adaptación dos procesos de ensino /aprendizaxe ás características e necesidades das alumnas e alumnos.
Actividades:
- Colaborar na elaboración do plan de acción titorial e no plan de convivencia
- Asesoramento do equipo docente
- Seguemento do alumnado
- Planificación de medidas de atención á diversidade
- Tramitación becas N.E.E.
- Coordinación na elaboración de adaptacións curriculares
- Elaboración de diagnósticos
- Probas diagnósticas en 6º de primaria e 2º de ESO
- Orientación vocacional de 3º e 4º de ES0
- Elaboración dos consellos orientadores ao finalizar a etapa de ESO
- Coordinación de programas educativos:
- Prevención de drogas
- Riscos de Internet
- Habilidades sociais e intelxencia emocional
- Charlas de orientación vocacional
- Acoso escolar
- Prevención de conductas violentas
Funciones do gabinete psicopedagóxico
- Coordinación do profesorado de Apoio, PT e AL
- Intercoordinación entre os profesionais que interveñen na área de actuación do gabinete (psicóloga, pedagoga, mestra de educación especial (PT), especialista en audición e linguaxe (AL), profesorado de apoio)
- Detección e diagnose de necesidades educativas
- Elaboración de informes psicoeducativos
- Propostas de intervención educativa
- Avaliación do resultado das distintas intervenciones e, de ser preciso, reelaboración das mesmas
- Apoio ao profesorado para atención das necesidades educativas temporais ou permanentes
- Apoio ao profesorado para la atención al alumno dentro e fóra del aula ordinaria
- Atención en problemáticas non específicas do ámbito escolar que inflúen directamente no mesmo
- Atención aos pais ante problemáticas escolares
