As rapazas e rapaces de secundaria descobren xuntos as posibilidades do traballo en equipo. Visita o blog de Orientación para saber máis desta actividade.
Programa de habilidades sociais
O Departamento de Orientación está a desenvolver coa clase de 1º ESO un Programa de habilidades sociais. As diferentes actividades ofrécenlles, ás rapazas e rapaces, un espazo e un tempo para experimentar diversas situacións sociais co obxectivo de mellorar as súas habilidades cara os demais e cara eles mesmos.
Para coñecer máis sobre esta actividade visita o Blog de Orientación na páxina web do colexio.
Investigadores Sociais
25 de novembro. Actividades programadas

Visita o Blog de ORIENTACIÓN para coñecer as actividades que se están preparando desde o Departamento para as alumnas e alumnos de ESO polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.