Xa podedes ver os vídeos finalistas creados polas nenas e nenos en colaboración coas súas familias para conmemorar o Día de Rosalía.
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Faro da Escola – edición 20-21
As alumnas e alumnos de 3º, 4º ,5º, 6º de Primaria e 3º e 4º da ESO do noso Centro participaron o día 18 de febreiro xunto con outros 59 colexios na charla ofrecida polo Faro da Escola para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso, Faro de Vigo ofertou a todos estes centros unha charla con dúas científicas que exercen o seu oficio na actualidade: Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIMM) e do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

Seguiron con atención as explicacións das cintíficas que, ademáis de contarlles as súas experiencias, trataron o tema da desigualdade entre homes e mulleres que ainda perdura no ámbito científico. Tamén deron respostas a todas as preguntas que lles fixeron.
Deixámosvos o enlace á reportaxe do Faro de Vigo para ampliar a información sobre esta actividade e ver as fotos.
Día de Rosalía
Non vos perdades ningunha das actividades que se están a preparar no colexio para celebrar o 24 de febreiro, Día de Rosalía. Visitade sen falta o blog de DINAMIZACIÓN.
Vacantes para o Curso 21-22
VISITA VIRTUAL
Acompáñanos a visitar o colexio, pasaremos polas aulas de infantil, primaria e secundaria. Non so poderedes ver as aulas e as instalacións coas que conta o colexio, tamén un pouquiño do día a día.
Visita a nosa páxina web coñecer máis.
O ENTROIDO
Que é o entroido? as rapazas e rapaces do colexio fixéronse esta mesma pregunta e moitas outras e, entre todos, atoparon as respostas. Convidámosvos a pasar polo Blog de Dinamización para saber máis.
COÑÉCENOS
FESTA DE NADAL
Queremos compartir con vós algúns momentos da festa de Nadal do colexio, aínda que non foi coma sempre e nas fotos tampouco estamos todos, conseguimos que fose unha xornada especial.
Recibimos a vista das SSMM os Reis Magos que foron polas aulas para saudar e incluso recibiron algunha carta de última hora. A guinda da festa púxoa Carlos, o profesor de música, que xunto coas rapazas de 3º e 4º de ESO compartiron con todos unha sesión de música escollida por eles para amenizar a xornada.
Agora deixámosvos unha pequena mostra de fotos da visita dos reis. Non perdades tampouco os videos de felicitación protagonizadas polas nenas e nenos de 2º e 3º de primaria.
Bo Nadal e mellor Aninovo!