<

Segundo o Decreto 105/2014 que establece o currículo da Lomce , os Criterios de promoción en Ed. Primaria e Secundaria son os seguintes:

Criterios de promoción en primaria:

Tendo en conta que a finalidade fundamental da educación escolar é que o alumno desenvolva as competencias básicas cada alumno necesitará pois dun estudo individualizado.

O titor, ao final de cada curso e axudado polo resto do equipo docente, proporá na avaliación de cada alumno as seguintes posibilidades:

1. Que o alumno acade a cualificación positiva en todas as áreas. Neste caso promociona de curso ou etapa.

2. Que o alumno xa teña repetido unha vez na etapa polo que non pode repetir máis. Neste caso promocionará de curso ou etapa por imperativo legal.

3. Que o alumno non acade a avaliación positiva en todas as áreas. Neste caso considerarase a conveniencia de que o alumno promocione ou non ao curso ou etapa seguinte, a partires da análise dos seguintes aspectos:

a. Valoración do progreso en cada unha das áreas. O carácter global da avaliación na Educación Primaria, permite que o profesorado poida adoptar decisións de promoción valorando o distinto peso formativo que poidan ter as distintas áreas. Pode darse o caso de que determinados alumnos promocionen con avaliación negativa nunha ou varias áreas. Con todo, convén matizar nestes casos as carencias específicas.
b. A conveniencia de permanecer nun curso determinado para acadar con maior solidez as aprendizaxes básicas, especialmente polo que se refire aos primeiros cursos, no que o alumno vai a aprender as técnicas instrumentais que lle serán imprescindibles para progresar nos seguintes.

c. As repercusións, positivas ou negativas, que o cambio de grupo pode ter sobre o alumno, segundo o seu grao de integración, carácter e personalidade...

d. A conduta do alumno e a influencia que puidera ter a mesma no seu grupo se promociona, ou no grupo novo se non o fai.

e. A actitude cara o traballo, o progreso e o esforzo en función das súas capacidades.

f. A opinión de pais ou titores legais, que serán informados e escoitados previamente ás resolucións que se tomen.

g. A consulta ó Departamento de Orientación do Centro nos casos que proceda.

h. Calquera outra consideración particular que poida ser oportuna.

 

Tendo presente a valoración do progreso en cada unha das áreas (punto 3.a do apartado anterior) estimamos que pode ser necesario que o alumno repita:

    1. Cando leve avaliación negativa nas áreas de Lingua Galega e Lingua Castelá

    2. Cando leve avaliación negativa na área de matemáticas e máis nunha das áreas de lingua (galega ou castelá).

    3. Cando leva avaliación negativa en tres áreas, independente das que sexan.

 

Criterios de promoción en Secundaria

En Secundaria o alumno promociona nos seguintes casos:

  1. O alumno promociona cando ten todas as materias aprobadas

  2. O alumno promociona cando teña dúas materias suspensas que non sexan:

Lingua castelá e matemáticas

Lingua galega e matemáticas

Lingua galega e lingua castelá

  1. Por decisión do claustro, un alumno poderá promocionar con tres asignaturas suspensas, que non sexan ninguna das anteriores, cando en alomenos dúas delas teña unha media de 4 na cualificación final.

Estes mesmos criterios adoptaranse para obter o título de Secundaria.