IDEARIO DO CENTRO

Somos un colexio pluralista dende un punto de vista político e relixioso, fomentamos o espíritu crítico e a capacidade de discusión. Dado que só temos unha soa liña educativa caracterizámonos por ser un centro familiar, pois é moi doado coñecernos e traballar en conxunto.

Para nós, cada etapa educativa presenta uns obxectivos fundamentais:

  • En Infantil pretendemos que os nenos/as sexan felices, que se adapten ao colexio sen traumas. O colexio convértese no seu segundo fogar e nun lugar de convivencia e socialización. Un lugar onde o neno é valorado por si mesmo, con cariño e comprensión, ademais de acadar coñecementos propios da súa idade.
  • En Primaria, tamén pretendemos que o alumno adquira coñecementos de forma paulatina. Valoramos a orde e a disciplina, así como o respecto mutuo e o traballo diario.
  • En Secundaria, ademáis, buscamos formar mozos e mozas competentes, respectuosos pero ao mesmo fomentamos o espíritu crítico.