Unha representación das alumnas e alumnos do colexio que participaron na VI Edición do Faro da Escola, acudiron ao Pavillón de Navia á entrega de premios. Esta entrega foi seguida dende as aulas polas súas compañeiras e compañeiros. Faro da Escola é un proxecto de elaboración dun xornal e no que temos participado en case todas as súas edicións. Este ano recibimos o 3º premio á mellor reportaxe, na que se tratou de reflectir os aspectos positivos da pandemia ; e un acésit polo traballo de investigación empregando a hemeroteca de Faro de Vigo (sobre a Gripe Española e un artigo do Faro do 1 de outubro de 1918); ambos realizados por alumnas e alumnos de 5º.